luns, 8 feb 2021
O alcalde deu conta este luns da concesión das subvencións a entidades sen ánimo de lucro no pasado 2020, ano no que o Concello, pese á caída de actividade polo Covid-19, decidiu soster a contía da convocatoria. Trinta e nove entidades viguesas resultaron beneficiarias.
luns, 8 feb 2021
A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou a Memoria de Transparencia e Bo Goberno 2020 tras recibir o pasado ano o Premio á Práctica Municipal outorgado polo Centro de Estudios Municipales y de Cooperación Internacional. “O noso modelo de administración xa é un exemplo para todos os municipios de España”, sinalou o alcalde.
luns, 8 feb 2021
O alcalde deu conta esta mañá dunha sentenza xudicial que confirma que a Delegación da Xunta organizou en 2019 un mercadiño de Nadal de xeito irregular no Tinglado do Porto. Concretamente, a resolución desestima o recurso interposto contra o Concello de Vigo por non outorgarlle autorización e avala a decisión da administración local esixindo o cumprimento de todos os requisitos da Lei de Comercio interior de Galicia.
luns, 8 feb 2021
Abel Caballero pedirá unha xuntanza con Reyes Maroto, ministra de Industria, Comercio e Turismo, para falar das achegas destinadas á hostalería por parte da Xunta de Galicia.