O goberno de Vigo mantivo o apoio ás asociacións na pandemia e outorgou 330.000 euros
O alcalde deu conta este luns da concesión das subvencións a entidades sen ánimo de lucro no pasado 2020, ano no que o Concello, pese á caída de actividade polo Covid-19, decidiu soster a contía da convocatoria. Trinta e nove entidades viguesas resultaron beneficiarias.
Abel Caballero puxo en valor que o goberno que dirixe mantivo o ano pasado o apoio ás asociacións sen ánimo de lucro, pese ao descenso de actividade derivada da irrupción do coronavirus. O Concello, engadiu o primeiro edil, xa abonou as contías correspondentes ás trinta e nove entidades que resultaron beneficiarias da convocatoria, por un total de 330.000 euros.
“Abonamos todas as subvencións ás asociacións sen ánimo de lucro do ano 2020”, afirmou Caballero en rolda de prensa, e “mantivemos a convocatoria e a contía, aínda a pesar de que a inmensa maioría tiveron moi pouca actividade polo Covid”. O sostén municipal á acción destas organizacións fai posible que obteñan recursos para o mantemento e desenvolvemento da súa función cidadá. As achegas do Concello van dirixidas ao abono de facturas e alugueiros, á adquisición de equipos informáticos e mobiliario, e a financiar pequenas reformas nos locais.
As entidades receptoras dos fondos municipais na convocatoria do pasado 2020 foron as seguintes: Asociación Centro Cultural Veciñal e Deportivo Vigo Centro, A.V.C.S. San Miguel de Oia, A.V. Doutor Fleming, Asociación Veciñal “O Carballo” de Sárdoma, A.V.C.D. de Cabral, A.VV Rosalía de Castro da Salgueira, A.V. Camiño Vello de Coia, A.V.C.R. San Mamede de Zamáns, A.V. de Coruxo, A.V.V. da Miñoca, A.V.C.D. San Paio, A.V. Fonte do Galo, A.VV Casco Vello, A.V.C.D.”Monte da Mina” de Castrelos, A.V. C.U. “Val do Fragoso”, AV do Calvario, A.V.C.V- C.S.C.R de Beade, A.V.C.D. “San Xurxo” Saians, A.V. De Matamá “A Unión”, A.V. De San Roque, A.V.C.D. Lavadores, A.V. “As Nosas Rúas”, A.V. “Nosa Terra” Alcabre, A.V.Emilio Crespo de Navia, A.V.V Cristo da Victoria de Coia, Asociación Cultural Recreativa Deportiva “Pardavila”, Asociación Colectivo Veciñal Curva de San Gregorio, Asociación de veciños de Novo Vigo, AVV. Feira Cabral, A.VV. O Torreiro de Coia, S.C.D.R Helios- Bembrive, S.C.D. Atlántida de Matamá, A.C.D.Xestas, C.C.R.de Cabral, C.C.R. De Valladares, AVSCD. O Freixo, UVCD Candeán, Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo e C.R.A.C. de Coruxo.