Escoitar

O Concello gaña un novo recurso contra o instrumento de ordenación provisional

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acaba de comunicar ao Concello de Vigo unha sentenza que desestima un recurso interposto contra o instrumento de ordenación provisional aprobado polo Pleno do 24 de xullo de 2019.

venres, 5 feb 2021
O alcalde, en rolda de prensa.
O alcalde, en rolda de prensa.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este venres de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) comunicou ao Concello de Vigo a sentenza que desestima un recurso interposto contra o instrumento de ordenación provisional aprobado polo Pleno o 24 de xullo de 2019.

“A sentenza é totalmente favorable ao Concello, di que foi axustada a clasificación que facemos como solo urbano consolidado e considera contrario a dereito o recurso”, sinalou o rexedor. Caballero tamén indicou que xa se presentaron sete recursos contra a ordenación provisional e seis foron gañados polo Concello, mentres que un está por resolver.

Descargar todas as imaxes