Escoitar

O Concello distribuirá 200.000 novas máscaras doadas por una entidade privada

Abel Caballero avanzou que o Concello seguirá a repartir máscaras entre a cidadanía, neste caso, 200.000 unidades que vén de aceptar como doazón dunha entidade privada. Os sábados 6 e 13 de febreiro está previsto un reparto de material de protección nos mercados municipais.

xoves, 4 feb 2021

O goberno local vén de aceptar a doazón da entidade Mape Asesores de 200.000 máscaras cirúrxicas e hixiénicas. Este material de protección será distribuído polo Concello tal e como vén facendo coas máscaras que recibe do Goberno central. De feito, o próximo fin de semana está previsto un novo reparto nos mercados municipais de Cabral, Progreso, Teis, Calvario, Travesas, Berbés e Bouzas. Os sábados 6 e 13 de febreiro entregaranse (10.000 cada día) en sobres que conteñen 4 unidades cada un. Con este reparto, a cifra de máscaras distribuídas polo Concello ascende a 313.500 máscaras, todas elas adquiridas pola administración local e polo Goberno de España

Emprego

A Xunta de Goberno deu luz verde tamén ás bases reguladoras do proceso selectivo por concurso-oposición para a formación dunha bolsa de emprego na categoría de enxeñeiro de caminos e portos na Xerencia de Urbanismo. Deste xeito, o Concello abre un proceso selectivo para o que xa se aprobaron as bases e, unha vez publicadas no BOP, abrirase un prazo de quince días hábiles para a presentación de solicitudes no rexistro da Xerencia, presencial ou telematicamente.