Escoitar

Caballero destaca a tramitación dos fondos de mobilidade por parte dos concellos

A FEMP e o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana veñen de acordar a constitución dun consello consultivo, con vocación permanente, sobre mobilidade e transporte no ámbito do Plan de Recuperación e os fondos europeos.

mércores, 3 feb 2021
A reunión tivo lugar na tarde deste martes, por videoconferencia
A reunión tivo lugar na tarde deste martes, por videoconferencia

Na reunión mantida este martes sobre o “Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia con relación ao transporte e as entidades locais” entre o secretario de Estado do MITMA, Pedro Saura, e o presidente da FEMP, estiveron presentes varios membros da Xunta de Goberno da Federación e alcaldes e alcaldesas de grandes cidades e o Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana.

Abel Caballero salientou a “unanimidade que presidiu a reunión”, destacou o papel clave dos gobernos locais nas actuacións sobre transporte, mobilidade e axenda urbana: “a nosa capacidade transformadora é inmensa e somos moi rápidos executando proxectos. Ademais, moitos dos aspectos contemplados no Plan xa os vimos realizando”.

Para o presidente da FEMP, “comeza unha cooperación directa entre o ministerio e as entidades locais” e estamos ante “un gran plan de mobilidade no que os gobernos locais imos ter garantido un fondo de transformación do transporte e das infraestruturas”. No transcurso da reunión, o Presidente da FEMP lembrou que segue pendente o Fondo de Transporte como consecuencia da crise COVID e reiterou a urxencia en recibilo tal e como se estableceu no Acordo co Goberno e como recentemente apuntaron o ministro de Transportes e a ministra de Facenda. Unha reclamación na que coincidiron a totalidade dos alcaldes e alcaldesas presentes no encontro.

 

 

Descargar todas as imaxes