Escoitar

O goberno local reserva 600.000 de remanentes para o segundo aparcamento gratuíto do Cunqueiro

Abel Caballero informou de que o goberno local xa reservou unha cantidade de 600.000 euros dos fondos de remanentes para construír o segundo aparcamento gratuíto do Hospital Álvaro Cunqueiro.

martes, 2 feb 2021

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este martes de que xa está reservada unha cantidade de 600.000 euros dos remanentes do ano pasado para a construción do segundo párking gratuíto do Hospital Álvaro Cunqueiro.

O rexedor reiterou o ofrecemento á comprar á Xunta o solo e enviou un escrito ao presidente Núñez Feijóo solicitándolle a cesión ou venda de solo para que o Concello constrúa un segundo estacionamento de balde nas inmediacións do novo hospital.