Escoitar

As sete propostas do concurso de ideas do ascensor de García Barbón cumpren os criterios

O concurso de ideas para o deseño do elevador entre a rúa García Barbón e o Centro Vialia estará resolto nun prazo aproximado de dúas semanas. As sete propostas recibidas cumpren os criterios e o xurado voltará a reunirse o día 11 de febreiro.

martes, 2 feb 2021

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este martes de que as sete propostas presentadas onte para o concurso de ideas do ascensor que unirá a Avenida de García Barbón e o Centro Vialia cumpren os criterios solicitados polo Concello.

O xurado volverá a reunirse o vindeiro día 11 de febreiro e, segundo avanzou o rexedor, no prazo aproximado de dúas semanas estará resolto o concurso e coñecerase o gañador, que se encargará do proxecto e a dirección facultativa.

“Estamos ante unha das grandes obras de mobilidade sostible no mundo, unha obra única no mundo”, asegurou Caballero.