Vigo súmase á conmemoración do Día mundial contra o cancro
O rexedor detallou que, nesta xornada, o goberno municipal iluminará de verde as fontes da rúa Aragón e a marquesiña da Praza de América, amais de proxectar o cartel conmemorativo deste 4 de febreiro na fonte da pantalla de Rosalía de Castro baixo o lema "Son eu e vou a". Son as accións coas que a cidade se suma á conmemoración desta data.