venres, 5 xuñ 2020
O goberno local aprobou esta mañá a prórroga por cinco anos da concesión do transporte público ao tempo que paraliza o proceso dunha nova licitación que tiña practicamente ultimada. A incerteza xerada pola pandemia respecto do uso do transporte público obriga ao Concello a postergar a convocatoria dun novo concurso polo “risco” de que, se non se presentan empresas, a cidade puidera quedar sen este servizo esencial.
venres, 5 xuñ 2020
Abel Caballero explicou este venres en rolda de prensa telemática e presencial que o Concello entregou este ano un total de 1.000 castiñeiros microrrizados aos comuneiros para repoboar os montes de Vigo. Con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, o alcalde destacou a plantación de novas árbores en Samil e Gran Vía.
venres, 5 xuñ 2020
Informou Abel Caballero da aprobación da subvención a Foanpas, máis de 600.000 euros para actividades extraescolares e axudas de comedor escolar para o alumnado. Ademais, o goberno de Vigo amplía a un mes o prazo para optar ás 900 prazas do programa “Vigo en inglés” para estudantes de ESO.
venres, 5 xuñ 2020
Abel Caballero mantivo un encontro virtual con cincuenta membros da Fundación Vigo Convention Bureau, representantes do ámbito turístico da cidade, para tratar o desenvolvemento do sector durante este verán que "non se dá por perdido".