mércores, 3 xuñ 2020
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou este mércores en rolda de prensa telemática e presencial que tanto as piscinas municipais como os complexos deportivos da cidade reabrirán ao longo da vindeira semana con todas as medidas marcadas na normativa sanitaria da Fase 3 de desescalada da pandemia.
mércores, 3 xuñ 2020
Abel Caballero segue traballando no proceso de reconstrución económica da cidade e hoxe mantivo un encontro cos responsables de seis centros tecnolóxicos de Vigo cos que coincidiu na demanda de reter o talento dos 1.600 empregados que traballan nestes institutos. Remarcou a súa importancia nestes momentos dado que son a parte máis dinámica e con máis capacidade de atopar novos espazos no actual contexto económico.
mércores, 3 xuñ 2020
Segundo informou o alcalde, con este pago o Concello xa abonou as achegas de comedor correspondentes á parte proporcional de marzo no que os colexios estiveron pechados e aos meses íntegros de abril, maio e xuño. O total ascende a 391.000 euros para máis de 2.600 familias.