mércores, 5 febreiro 2020

O alcalde reclama que a Xunta triplique as súas achegas aos concellos por participación nos ingresos

Abel Caballero lembrou esta mañá que o Concello de Vigo recibe 6.437.962 euros como participación nos ingresos das comunidade autónoma, mentres que esta cifra se eleva a 78.240.600 se falamos dos ingresos do Estado. Ante esta situación, reclamou á Xunta que triplique as transferencias directas incondicionadas a todos os concellos galegos posto que esta situación é similar en toda Galicia.

Vigo e Redondela cooperarán na extinción de incendios

mércores, 5 feb 2020

Na primeiro reunión oficial entre Abel Caballero e Digna Rivas, ámbolos rexedores acordaron asinar un convenio mediante o cal os bombeiros de Vigo asuman a extinción de incendios en Redondela. Abordaron tamén a cooperación na Senda Verde e na Senda da Auga.

Vigo reclama á Xunta 2.500 novas prazas en residencias de maiores

mércores, 5 feb 2020

Vigo ten un “escandaloso déficit” de prazas públicas en residencias de maiores, moi por debaixo da media galega e nacional. Con 604 prazas, a ratio de Vigo é dun 0,9%, a galega, dun 3% e do conxunto de España, dun 4%. A OMS recomenda unha media dun 5%, polo que a nosa cidade precisa de 2.500 novas vacantes en centros asistenciais de maiores.