martes, 4 febreiro 2020

O alcalde solicitará celeridade a Aviación Civil para o informe da ampliación do IFEVI

martes, 4 feb 2020

“A próxima semana voume ver co director xeral de Aviación Civil exclusivamente para solicitarlle celeridade na emisión do informe preceptivo e vinculante sobre a ampliación do IFEVI”, avanzou este martes Abel Caballero, como xa fixera co responsable de Estradas. O alcalde contrapuxo o “empeño total” do Concello na ampliación cos “paus na roda” da Xunta de Galicia

Vigo alega contra o centro comercial de Mos porque lesiona os intereses da cidade

martes, 4 feb 2020

O Concello de Vigo presentou alegacións á modificación puntual do PXOM de Mos para encaixar un centro comercial de 130.000 m2 porque menoscaba os intereses da cidade. Os servizos técnicos entenden que o proxecto é lesivo para Vigo porque merma o comercio local e, ademais, utiliza servizos públicos da cidade (transporte público e auga) sen que Vigo reciba compensación algunha a cambio