luns, 30 dec 2019
"Foi un ano fantástico, extraordinario no que a economía segue tirando debido ao goberno municipal", apuntou Caballero ao repasar a acción do seu Goberno ao longo deste ano.
luns, 30 dec 2019
O Concello non terá que pagar o canon da auga que lle reclamaba a Xunta despois de que o Tribunal Económico Administrativo contestase favorablemente ao recurso presentado o pasado mes de xuño. Tratase dunha taxa de 655.000 euros que o goberno autonómico pretendía aplicar sen contraprestación de servizo algún.
luns, 30 dec 2019
O alcalde anunciou que a Cabalgata dos Reis Magos, que se celebrará o vindeiro 5 de xaneiro, chegará esta vez ata a rúa Pi e Margall, gañando uns 250 metros de percorrido para "poder acoller a moita máis xente en previsión dun novo récord de asistencia".
luns, 30 dec 2019
O alcalde deu conta esta mañá do avance na tramitación da ampliación do Ifevi, unha vez celebrado o Padroado do recinto feiral a instancias de parte dos seus membros, entre eles, o Concello. Caballero criticou a actitude da Xunta de Galicia que "parece non ter presa" nunha iniciativa que permitirá crecer a Conxemar.