Escoitar

O Padroado do Ifevi urxe a continuar coa tramitación da ampliación do recinto

O alcalde deu conta esta mañá do avance na tramitación da ampliación do Ifevi, unha vez celebrado o Padroado do recinto feiral a instancias de parte dos seus membros, entre eles, o Concello. Caballero criticou a actitude da Xunta de Galicia que "parece non ter presa" nunha iniciativa que permitirá crecer a Conxemar.

luns, 30 dec 2019
Unha parte dos responsables do Ifevi -o Concello entre eles – urxiu para hoxe luns a convocatoria dun padroado para avanzar na tramitación da ampliación do recinto feiral para que estea listo para a próxima edición de Conxemar. En rolda de prensa, Caballero destacou como primeiro acordo a decisión de enviar á Xunta o proxecto construtivo para que contrate as obras canto antes. De xeito paralelo, proseguiu, hai que tramitar o proxecto de ampliación a través da Lei 3/2016 e declarar de "urxente ocupación" os bens e dereitos afectados así como a supremacía do proxecto con respecto aos montes veciñais para a expropiación.

O alcalde afeou á Xunta "que parece non ter presa" nesta ampliación, a pesar da competencia que vén recibindo Conxemar desde a Seafood de Barcelona. A feira de conxelado é un gran mobilizador da economía da cidade, lembrou Caballero.