Escoitar

Caballero inaugura a humanización da última fase de Camelias cun investimento total de 7,2 millóns

O Concello investiu na humanización da Avenida de Camelias un total de 7,2 millóns dos que 2,1 se corresponden coa última fase inaugurada este luns, a que vai desde Juan Ramón Jiménez ata a avenida da Hispanidade. Ademais da renovación de redes de abastecemento, saneamento e alumeado, creouse un novo espazo público.

luns, 30 dec 2019
1577715181camelias.jpeg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este luns a humanización da última fase da rúa Camelias -entre Juan Ramón Jiménez e Hispanidade -, cun investimento de 2,1 millóns euros. Tal e como explicou na rolda de prensa posteiror, os traballos incluiron a renovación de pavimentación, de abastecemento, de redes de alumeado, melloras de seguridade viaria e a incorporación do carril bici. A obra tamén incorporou un novo espazo público e a demolición dun galpón.

Respecto das zonas verdes, respectáronse os camelios existentes -habilitando espazos axardinados – e plantouse un camelio exemplar no cruce de Camelias con Romil. O alcalde destacou que esta última fase da humanización eleva a 7,2 millóns o total do investimento na rúa ao longo de 2 quilómetros.
Descargar todas as imaxes