A Cabalgata dos Reis Magos chegará ata a rúa Pi y Margall
O alcalde anunciou que a Cabalgata dos Reis Magos, que se celebrará o vindeiro 5 de xaneiro, chegará esta vez ata a rúa Pi e Margall, gañando uns 250 metros de percorrido para "poder acoller a moita máis xente en previsión dun novo récord de asistencia".
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns que a Cabalgata dos Reis Magos gañará este ano uns 250 metros de percorrido e discorrerá tamén pola rúa Elduayen e o Paseo de Alfonso XII ata acabar en Pi e Margall.
"Imos a prolongar o percorrido para poder acoller á maior xente posible, posto que é previsible que teñamos un novo récord de asistencia. O pasado ano xa foi impresionante e esta vez todo apunto a que vai a acercarse aínda máis público", asegurou o rexedor durante a rolda de prensa.
Así, as carrozas cos Reis Magos sairán do punto habitual en Isaac Peral e farán unha parada na Porta do Sol e continuarán posteriormente por Elduayen e Paseo de Alfonso, que tamén estarán valadas. "Hai que adaptarse e xa están traballando nos departamentos de Tráfico e Seguridade para establecer o plan de circulación", engadiu.
Ademais, o alcalde fixo balance da chegada de visitantes á cidade polo alumeado de Nadal e cuantificou nunhas 750.000 as persoas que acudiron durante os catro días. "Nunca vira nada igual na tarde e noite do domingo, batemos todos os récords, cunha ocupación hoteleira do 100%", apuntou.