luns, 19 dec 2016
Caballero asinou esta mañá sete convenios con outras tantos colexios e entidades deportivas para eximirlles do pagamento da cota correspondente ao uso de instalacións municipais. Trátase dunha medida coa que o goberno local quere reforzar o seu apoio ao deporte.
luns, 19 dec 2016
O alcalde deu conta esta mañá do inicio dos traballos de derruba dun edificio en ruínas situado entre a rúa Santiago e a Praza do Rei. Deste xeito, o Concello segue a avanzar nos traballos de recuperación do entorno da Panificadora.
luns, 19 dec 2016
Abel Caballero reuniuse este luns con representantes do sindicato Comisións Obreiras para abordar o trazado do AVE a Madrid pola variante de Cerdedo que evitará, segundo apuntou, que Vigo "teña que ir coller o AVE a Santiago".
luns, 19 dec 2016
O alcalde e o Valedor do Cidadá presentaron hoxe luns os dous últimos libros dirixidos polo profesor Espada. As investigacións afondan na percepción da cidadanía viguesa sobre o cambio climático, actualizan as emisións de gases de efecto invernadoiro da cidade e propón liñas para reducilas. O estudo sitúa a Vigo nunha situación intermedia, cun nivel de emisións semellante ao doutras urbes con poboación similar.
luns, 19 dec 2016
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, reuniuse hoxe con representantes duns trinta clubs de fútbol da cidade, algo que, como lembrou, non é a primeira vez que fai, "pois me reúno con eles periódicamente". O rexedor explicou que este encontro produciuse "para falar da situación na que se atopan e do proxecto deportivo" que o Concello deseñou para esta modalidade.