mércores, 21 dec 2016
O alcalde e o seu homólogo coruñés mantiveron este mércores en María Pita unha entrevista de cortesía na que trataron sobre as áreas metropolitanas e o proceso desenvolvido por Vigo para constituír a súa. Ademais falaron do "momento de revolución municipalista" que impulsa Caballero dende a FEMP, con avances en política social como a prohibición dos cortes de enerxía ás familias por razóns de pobreza, o problema do teito de gasto "en vías de se resolver" ou a posibilidade de que os municipios empreguen o superávit que "levaremos adiante", segundo expuxo o rexedor olívico. <br />
mércores, 21 dec 2016
Abel Caballero asistiu este mércores no Concello da Coruña á descuberta do retrato oficial do ex alcalde Francisco Vázquez a quen considera "un modelo na forma de entender as alcaldías e as administracións locais e, seguramente, o mellor alcalde da democracia en España". Para o rexedor de Vigo, Vázquez "marcou a forma de entender o municipalismo", polo que dixo sentirse "satisfeito" de acudir a esta "homenaxe debida" a un referente na política municipal "de España e de Europa". <br />
mércores, 21 dec 2016
A Concellería de Cultura presenta a exposición "Circa 70. Lírica e deformación no cambio de era", que se inaugurará o mércores 21 de decembro, ás 12:00 h, na Pinacoteca Municipal Francisco Fernández del Riego (r/ Abeleira Menéndez, 8), comisariada polo director do Museo "Quiñones de León", José Ballesta de Diego. A exposición reúne obras dunha serie de artistas galegos, maioritariamente traballando en Galicia e especialmente en Vigo, ao redor de 1970, practicando todos eles, desde diversos enfoques, unha linguaxe figurativa.