Escoitar

O rexedor advirte que "Vigo quedará sen tren de alta velocidade para sempre" sen o trazado por Cerdedo

Abel Caballero reuniuse este luns con representantes do sindicato Comisións Obreiras para abordar o trazado do AVE a Madrid pola variante de Cerdedo que evitará, segundo apuntou, que Vigo "teña que ir coller o AVE a Santiago".

luns, 19 dec 2016
1482155423ccoo.JPG
O alcalde continúa a súa rolda de contactos con diferentes colectivos da cidade para presentarlles a "importancia" que ten neste momento para Vigo a decisión que se vaia a tomar sobre o AVE porque, segundo sinalou "ou o tren arranca agora ou Vigo quedará para sempre sen tren de alta velocidade", criticando que o Goberno central teña paralizada o informe de impacto ambiental sobre o trazado por Cercedo.

Tras o encontro mantido con representantes de CCOO con que dixo que "comparten" a visión do Concello, Caballero explicou que, sen o trazado por Cercedo, Vigo "con medio millón de persoas na súa Área Metropolitana" terá que ir coller o AVE a Santiago, facendo "100 quilómetros para atrás e 100 quilómetros para adiante", saíndo de Vigo cara Santiago "en dirección contraria" a Madrid e despois dende Santiago a Ourense, de maneira que os pasaxeiros afrontan "case 200 quilómetros" dun traxecto que por estrada é de 94.
Descargar todas as imaxes