martes, 12 mar 2013
O próximo 15 de marzo ábrese o prazo dun mes para solicitar calquera das <br />
446 prazas en escolas infantís ofertadas polo Concello de Vigo. Tal e como recordou o rexedor, as arcas municipais subvencionan ao redor do 85% de cada praza, polo que o prezo máximo dun centro infantil é a metade do que se paga nas escolas dependentes da Xunta.
martes, 12 mar 2013
O alcalde anunciou este martes que será o Concello de Vigo o que asuma o arranxo dos nichos en mal estado do cemiterio de Teis para evitar o seu derrubo, pese a ser de titularidade privada. A situación crea "alarma e preocupación", o número de afectados é "elevado", polo tanto o goberno local acometerá a obra.
martes, 12 mar 2013
A Concellería de Cultura e Festas, en colaboración co Auditorio "Mar de Vigo", presenta ao Centro Coreográfico Galego coa súa última montaxe para público familiar: "O Quebranoces"; a función terá lugar o sábado 16 de marzo, ás 18,00h, no citado auditorio (Avda Beiramar, 59).
martes, 12 mar 2013
A Concellería de Igualdade oferta o obradoiro de carácter gratuíto "Xénero e igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Análise dos factores que interveñen na desigualdade" que terá lugar o xoves e venres na Casa das Mulleres.
martes, 12 mar 2013
O Centro de Documentación de Recursos Feministas acolle a presentación do libro Xardín de inverno<br />
de Ledicia Costas, o mércores, 13 de marzo ás 19.00 horas. Interveñen a autora e Mónica Bar, escritora.