Escoitar

Presentación do libro "Xardín de inverno" de Ledicia Costas

O Centro de Documentación de Recursos Feministas acolle a presentación do libro Xardín de inverno<br /> de Ledicia Costas, o mércores, 13 de marzo ás 19.00 horas. Interveñen a autora e Mónica Bar, escritora.

martes, 12 mar 2013
1363084285jardindeinvierno.jpg
Ledicia Costas leva anos ofrecendo mostras do seu quefacer narrativo en volumes como a novela xuvenil Unha estrela no vento ou os recentes Desaparizión e Mortos de Ningures, escritos estes dous últimos en colaboración con Pere Tobaruela, con quen integra dende un tempo un frutífero tándem literario.O que se cadra é menos coñecido é que, en paralelo a esa súa actividade como narradora, a autora viguesa ten desenvolvido un intenso labor como poeta tanto en libros coma, sobre todo, en
espectáculos performativos formando parte do moi activo e anovador grupo Poetas da Hostia.

Xardín de inverno nace do drama da morte. A partir da perda, empréndese un intenso percorrido por distintos escenarios cargados de símbolos. É unha viaxe introspectiva cara ao lugar máis puro e máis desolador: o propio eu. Como superar a dor da ausencia? Uns versos que conmoven e que nos falan de tristura e esperanzas a un tempo. Reconstrúe a autora unha intimidade infantil que decide partillar con tod@s nós para agasallarnos cun xardín fértil de figuras familiares, perdas e ausencia que poboan
coma carballos libérrimos un bosque de luces e sombras que artellan poemas intensos. As fermosísimas fotografías que acompañan o texto, de DNL (Daniel Puente Bello), fanse necesarias ao mesmo tempo que precisas. Elementos naturais e arquitectónicos converten en metáfora cada nova páxina, nun paralelismo asimétrico co poema lido que converte o libro nunha dobre entrega poética.

Centro de Documentación e Recursos Feministas Biblioteca Pública Central / Joaquin Yáñez 6, 2º andar -
Descargar todas as imaxes