Escoitar

O programa Vigo Atende da traballo e formación durante 6 meses a 38 vigueses

Un total de 38 vigueses participan no programa Vigo Atende, unha iniciativa de creación de emprego a través de cursos de formación. Cun orzamento de 380.000 euros, os beneficiarios asisten durante seis meses a obradoiros remunerados con tres posibilidades formativas: cociña, restaurante e bar e asistencia domiciliaria.

luns, 11 mar 2013
1363019424atende.JPG
un orzamento de 380.000 euros, o programa Vigo Atende, da traballo a 38 vigueses maiores de 25 anos, na súa maioría mulleres, que durante seis meses están a realizar cursos de formación remunerados no Centro Cultural de Valladares. Trátase explicou o rexedor, que hoxe luns visitou o obradoiro, de creación de emprego a través de cursos de formación profesional para que os beneficiarios, inscritos no Servizo Galego de Colocación, adquiran destrezas profesionais que lles permitan incorporarse ao mercado laboral. Atención sociosanitaria á domicilio, cociña e atención en hostelaría son as posibilidades formativas, cun equipo directivo de 8 profesores. As actividades complementarias pasan por educación ambiental, sensibilización en igualdade de xénero, cursos de informática, prevención en riscos laborais, así como orientación e asesoramento profesional.

Durante a rolda de prensa, Caballero puxo en valor os 3.800 postos de traballo -directos e indirectos- creados polo Concello en 2012, con 22 millóns de investimento. Respecto deste ano, o orzamento total será similar e unha parte importante desta dotación, 5,5 millóns, serán para creación directa de emprego. Tamén se asinarán convenios por valor de 2,8 millóns de euros, un 16% máis que en 2012.
Descargar todas as imaxes