A Concellería de Cultura e Festas presenta "O Quebranoces" co Centro Coreográfico Galego
A Concellería de Cultura e Festas, en colaboración co Auditorio "Mar de Vigo", presenta ao Centro Coreográfico Galego coa súa última montaxe para público familiar: "O Quebranoces"; a función terá lugar o sábado 16 de marzo, ás 18,00h, no citado auditorio (Avda Beiramar, 59).
O Centro Coreográfico Galego (CCG) está integrado na Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Educación, sendo un espazo público de creación, produción, formación e investigación para o desenvolvemento da danza. Entre os seus obxectivos están o apoio á creación artística, á investigación e á formación dos profesionais das artes do movemento. Persegue tamén a diversificación das súas iniciativas, tanto temática como xeograficamente, así como tender pontes entre proxectos e institucións afíns e contribuír ao encontro da danza con outras disciplinas artísticas. Na súa relación coa sociedade, o CCG desenvolve accións de sensibilización da cidadanía cara á danza, buscando posicionala nun lugar preferente da vida cultural galega. Desde a súa creación en 2006, levou a escena un espectáculo por temporada, de xeito que o Quebranoces é a súa sétima produción propia.
O CCG asume por vez primeira, desde a súa fundación, unha produción de ballet clásico, e faino coa versión dunha das obras máis celebradas do patrimonio coreográfico universal: o Quebranoces de P. Tchaikovski e M. Petipa. Nesta nova iniciativa, o CCG vai máis alá da mera exhibición para impulsar un proxecto integrador de danza e música, que congrega no escenario distintos planos interpretativos tanto no exercicio coreográfico como nas execucións instrumental e coral. Así, nun traballo participativo sen precedentes, reúnense nesta produción –ademais do núcleo artístico profesional do Centro Coreográfico– máis de 500 persoas procedentes de tres formacións orquestrais e corais e de 18 conservatorios e escolas de danza de toda Galicia. Desde nenos a partir de 6 anos ata experimentados instrumentistas comparten este espectáculo aberto a novas incorporacións artísticas e que, baixo a dirección de Mercedes Suárez e con Hervé Ilari como asistente e repetidor, está deseñado como ferramenta para a motivación dos alumnos de danza e para a captación de novos públicos.
Neste caso, Quebranoces conta coa incorporación, en todos os seus elementos icónicos, de símbolos e trazos relacionados co imaxinario galego máis recoñecible. Así, unha escenografía inspirada en ventás e galerías de cor branca, un vestiario que recorda ás míticas figuras de Sargadelos ou un exército de soldados cuxa indumentaria nos traslada aos personaxes máis populares do Entroido ourensán, forman parte da posta en escena.
As entradas xa están á venda en Servinova (www.servinova.com e 902.504.500) a un prezo de 10€ (menores de 12 anos) e 12€ (máis gastos de xestión)
Descargar todas as imaxes