luns, 12 set 2011
Abel Caballero participou este luns na apertura da V Conferencia Mundial do Atún, que ten lugar en Vigo coa participación da ministra de Medio Ambiente, Rural e Mariño, Rosa Aguilar. O alcalde citou á pesca, ao Porto de Vigo e aos eventos mundiais que Vigo acolle -WFE ou Conxemar- como mostras da capacidade viguesa no sector e avogou pola eficiencia á hora de xestionar os recursos na pesca e na explotación.
luns, 12 set 2011
Tras unha reunión cos resposables de Conxemar, Caballero denunciou que o Goberno central rebaixou de 200.000 a 60.000 euros a achega para a "gran feira do mar do outono no mundo"e anunciou que o Concello dará apoio financeiro á feira porque "xera unha actividade económica da maior importancia para Vigo, para Galicia e para España; que significa o mantemento dun liderado mariño moi importante por parte de Vigo e de España".
luns, 12 set 2011
A inauguración dunha nova edición da iniciativa MOSTRARTE, que trae o arte vigués aos espazos abertos da Alcaldía do Concello, tivo lugar este luns coas obras do local Antonio Abad. Formado na Escola de Artes de Vigo e no madrileño Taller do Prado, desenvolve a súa carreira artística en Vigo onde crea o seu estudo-taller. Expón ininterrompidamente de forma individual desde 1990 en distintas cidades de España e Portugal, e de forma conxunta ou colectiva en Europa.
luns, 12 set 2011
A Biblioteca Xosé Neira Vilas abriu de novo as súas portas tras a instalación durante o mes de agosto do mobiliario definitivo da mesma. Novas instalacións e servizos nesta biblioteca municipal sita na Avda Martínez Garrido 21.