Escoitar

O alcalde recibe ao novo curso escolar ratificando "a nosa vontade de impulso á educación" como "factor de igualdade irrenunciable"

Abel Caballero visitou este luns o CEIP Canicouva, onde indicou que 40.688 estudantes inician o novo curso escolar na cidade. De cara ao próximo orzamento municipal, o alcalde explicou que incrementarán os recursos económicos para facer fronte ao incremento "prácticamente do dobre" nas solicitudes de bolsas de comedor e de libros. Caballero ratificou "a nosa vocación de impulso á educación e singularmente á educación pública" como "factor de igualdade irrenunciable".

luns, 12 set 2011
1315833539canicouva.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu este luns ao novo curso escolar que comeza no CEIP Canicouva, onde ratificou "a nosa vontade de impulso á educación e singularmente á educación pública" como "factor de igualdade irrenunciable".

Abel Caballero afirmou que 40.688 estudantes inician o curso -no total da rede pública e concertada da cidade- sendo 19.754 do ensino público por 20.934 do concertado. O alcalde explicou que o Concello recibiu "prácticamente o dobre" de solicitudes de bolsa de comedor e de libros este ano con respecto ao anterior -7.500 solicitudes: 2.250 para libros e 4.257 de comedor-, polo que o goberno local incrementará os recursos económicos para esta partida nos próximos orzamentos municipais de 2012.

O alcalde apuntou que o Concello adica a bolsas de comedor máis dun millón de euros, máis outros 50.000 euros ás de libros, 1,2 millóns a becas de inglés e 500.000 euros ao programa de idiomas Vigo Activities. No mandato anterior, o investimento e mantemento levouse case cinco millón de euros. Caballero resaltou a intención municipal de levar adiante "todo o esforzo que está na nosa man para apoiar a educación pública nesta cidade".

Caballero recoñeceu a "capacidade de formación excepcional" dos centros educativos vigueses e denunciou "deficiencias importantes da atención que a Xunta de Galicia presta ao ensino público", tras o que o alcalde sumouse ás reivindicacións do profesorado e pais de "máis recursos, máis profesores e o mantemento da calidade educativa".

Descargar todas as imaxes