Escoitar

O goberno local nomea a María Carneiro nova xerente de Urbanismo, "unha das profesionais máis reputadas" en Galicia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este venres do nomeamento de María Carneiro como xerente de Urbanismo do Concello. A Xunta de Goberno Local deu esta mañá luz verde ao mesmo, co que Vigo incorpora a "unha das profesionais máis reputadas na área de Urbanismo de toda Galicia", en verbas do alcalde, cunha dilatada experiencia profesional en Galicia e Madrid.

venres, 9 set 2011
1315572898gerente.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este venres do nomeamento en Xunta de Goberno Local de María Carneiro como nova xerente de Urbanismo, "unha das profesionais máis reputadas" en Galicia.

Caballero deu a benvida á nova xerente, que pasará a "tomar as riendas" do urbanismo vigués da man da concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, liderando "un moi bo equipo urbanístico en toda a cidade".

María Carneiro é "unha das profesionais máis reputadas na área de Urbanismo de toda Galicia" cun "longo currículo" profesional que inclúe traballos en Madrid e Galicia. O rexedor vigués subliñou o seu papel como directora de gabinete da Consellería de Economía da Xunta de Galicia, entre 2005 e 2009, onde converteuse na "persoa que desatascou o convenio da ETEA".

Abel Caballero, quen felicitou a Carmela Silva pola elección, asegurou que estamos nun "momento moi importante" para o urbanismo. A crise lastra a edificación en todo o mundo, indicoume "agora é o momento no que esto pode empezar a desatascarse" e na cidade "empezamos a dar pasos" nesa dirección en, por exemplo, Praza de España ou Barrio do Cura.
Descargar todas as imaxes