martes, 6 set 2011
O alcalde visitou hoxe martes a de Atalaia, en Teis, unha das catro escolas infantís municipais que xa comezaron o curso. Ao longo do presente exercizo escolar tamén entrarán en funcionamento as de Casiano Martínez e Tomás Alonso, "a punto de abrir", e a de Mestres Goldar, sumando outras 260 prazas ás 350 que xa operan. De cara ao próximo curso, o goberno local habilitará outras catro en A Seara, A Doblada, Navia e Lavadores, sumando unha oferta municipal que rondará as 800-850 prazas.
martes, 6 set 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o Presidente da Escudería Cidade de Vigo, Constantino Domínguez, organizadora do evento, presentaron este martes a quinta edición da Subida, que terá lugar esta fin de semana como é habitual en Bembrive e Beade. Caballero invitou á cidadanía a presenciar este acontecemento por ser "certamente espectacular".
martes, 6 set 2011
A participación do equipo de Bombeiros de Vigo no certame mundial saldouse cun espectacular resultado que supera a delegacións de maior número como as de Madrid ou Barcelona. Os 14 efectivos vigueses obtiveron 18 medallas, oito de bronce, tres de prata e sete de ouro en modalidades coma o remo, o ciclismo ou o atletismo.