Escoitar

O alcalde indica que a depuradora atópase na "fase final" para a súa contratación

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado do Goberno en Galicia, Miguel Cortizo, mantiveron este xoves unha reunión para pasar revisión aos investimentos do Goberno de España na cidade, tras o que o rexedor vigués subliñou a "boa marcha" da tramitación para a chegada da Alta Velocidade, as autovías, a Biblioteca do Estado, a nova Comisaría da Policía Nacional e a Depuradora, que encara a "fase final" da tramitación cara a súa contratación definitiva.

xoves, 8 set 2011
1315485308cortizo.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, amosou a súa "gran satisfacción" pola reunión co delegado do Goberno, reunión na que constataron a "boa marcha" da chegada da Alta Velocidade a Vigo e da conexión por Cerdedo a Madrid.

En relación á Alta Velocidade, Caballero recordou a recente inauguración da estación ferroviaria de Guixar que xa opera na cidade, e que dará o servizo durante o tempo que dure a construcción da futura terminal de Urzáiz que acollerá o AVE.

O alcalde transmitiu tamén a súa "inquedanza" pola operatividade dos voos de Iberia en Vigo, pese a ser unha empresa privada, e expresou a súa vontade de que a compañía atenda á primeira urbe galega de acordo aos tráficos.

Tamén referiuse á Biblioteca do Estado, que será ubicada na Panificadora, e as autoestradas a Pontevedra e Porriño, ademais da ampliación da ponte de Rande. Indicou Caballero que a nova Comisaría de López Mora aspira a consolidar a Vigo como "unha cidade máis segura".

O delegado do Goberno en Galicia, Miguel Cortizo, manifestou a súa "vontade" e a do executivo central de "recortar selectivamente" no "superfluo" ao tempo que manter os investimentos que son precisos, o que singularizou na nova depuradora de Vigo.
Descargar todas as imaxes