Escoitar

O goberno local declara a emerxencia da construción do bypass para garantir o subministro de auga ao Morrazo

A Xunta de Goberno Local declarou hoxe mércores a emerxencia desta actuación, polo que a Xunta de Galicia non precisará de autorización municipal previa para realizar esta obra. O obxectivo do Concello, segundo explicou Abel Caballero, é dar "maior facilidade" para garantir o abastecemento de auga a Cangas e Moaña, cunha conexión desde o final do emisario terrestre ata o inicio do submariño.

mércores, 7 set 2011
1315400799agua.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe xoves a declaración de emerxencia do bypass entre o emisario terrestre e o submariño que subministra auga ao Morrazo.

Esta decisión, xa aprobada en Xunta de Goberno Local, pretende dar "maior facilidade" para garantir o abastecemento de auga a Cangas e Moaña, polo que "creo que ese bypass é unha moi boa obra".

O bypass foi proposto polo alcalde de Vigo para solventar eventuais problemas de subministro no Morrazo, e trátase de conectar o final do emisario terrestre co inicio do submariño, cunha lonxitude duns 300 metros, dando así alternativa ao sistema actual.

Abel Caballero enlazou esta cuestión coa necesidade de construcción do azud desde o rio Verdugo que garantiría con seguridade o abastecemento ao Morrazo e incluso posibilitaría incrementar o volume actual de auga que Vigo cede aos municipios do entorno, dando así mellor servizo a un territorio con medio millón de habitantes.
Descargar todas as imaxes