mércores, 14 set 2011
Abel Caballero reuníuse este mércores cos representantes da Asociación Veciñal da Miñoca, onde asinaron un convenio de colaboración polo que o goberno local achega 4,600 euros para sufragar os gastos do aluguer do seu local. Ante as peticións cursadas polas entidades, o alcalde avanzou que manterá reunións coas Asociacións de Veciños de manera individual, ao estar máis próximas á cidadanía.
mércores, 14 set 2011
O vindeiro domingo, 18 de setembro clausúrase a exposición titulada Cartografía do presente, Colección de Arte Contemporánea Fundación Laxeiro que se inaugurou o pasado dez de xuño e que foi visitada por 3.785 persoas ata a data. A exposición mostra por primeira vez a colección de arte contemporánea da Fundación Laxeiro, construida nos once anos de actividade da institución, mediante aportación de obras de artistas que colaboraron nalgún proxecto expostivo.
mércores, 14 set 2011
A Escola Municipal de Danza e Percusión Tradicional abre o prazo de matricula do 15 ao 30 de setembro. A escola oferta ensinanzas de danza da tradición galega para afeccionados sen límite de idade. As solicitudes poderán presentarse nas dependencias da escola , no soto primeiro da Casa do Concello en horario de luns a venres de 9 a 13 horas e xoves de 17 a 19 horas.