A Escola Municipal de Danza e Percusión abre a o prazo de matrícula
A Escola Municipal de Danza e Percusión Tradicional abre o prazo de matricula do 15 ao 30 de setembro. A escola oferta ensinanzas de danza da tradición galega para afeccionados sen límite de idade. As solicitudes poderán presentarse nas dependencias da escola , no soto primeiro da Casa do Concello en horario de luns a venres de 9 a 13 horas e xoves de 17 a 19 horas.
A Escola Municipal de Danza e Percusión Tradicional do Concello de Vigo foi creada en 1979 e dende aquela milleiros de vigueses e viguesas aprenderon a familiarizarse coas danzas tradicionais galegas. Moitos alumnos da escola son hoxe transmisores da nosa danza e do noso folclore a través de grupos que están espallados por todo Vigo e por outros moitos concellos.