Últimos días para visitar a exposición "Cartografía do presente" na Fundación Laxeiro
O vindeiro domingo, 18 de setembro clausúrase a exposición titulada Cartografía do presente, Colección de Arte Contemporánea Fundación Laxeiro que se inaugurou o pasado dez de xuño e que foi visitada por 3.785 persoas ata a data. A exposición mostra por primeira vez a colección de arte contemporánea da Fundación Laxeiro, construida nos once anos de actividade da institución, mediante aportación de obras de artistas que colaboraron nalgún proxecto expostivo.
A mostra está formada por obras dos artistas Guillermo Aymerich, Antón Cabaleiro, Tom Carr, Jorge Castillo, Carmen Chacón, César Galicia, Ángel Garraza, Amaya González Reyes, Elena Mendizábal, Álvaro Negro, Mónica Ortúzar, Eduardo Outeiro, Paco Pestana, Diego Santomé, Belén Uriel, Miguel Vázquez e Mar Vicente.
Todas elas son producto da liña programática da Fundación Laxeiro, seguindo os desexos do propio Laxeiro quen apuntara a súa preocupación por que a Fundación Laxeiro, ademais de traballar sobre o seu legado, tivera unha liña de apoio e difusión da arte contemporánea, con especial atención aos creadores galegos emerxentes.
O conxunto da mostra, na que conviven obras de diferentes formatos, estilos e xéneros, conforma unha paisaxe que se ocupa de diferentes problemáticas da arte do noso tempo e conxuga pintura, fotografía, video, collage e escultura e supón unha especie de reválida na que a Fundación Laxeiro resume os seus criterios de programación nestes once anos de actividade, ademais de dar unha visibilidade nova a iniciativas como as Bolsas á creación artística ou á súa liña de colaboración coa Facultade de Belas Artes de Pontevedra, mediante un acordo de colaboración coa Univesidade de Vigo.
Avance actividades de outono
A Fundación Laxeiro inaugurará o 30 de setembro a exposición titulada No me escribas, tampoco verte do videoartista castellonense Pepe Beas. Unha mostra que se inscribe dentro do proxecto titulado Entre mares, en virtude do que a Fundación Laxeiro, en colaboración con Collblanc espai d’art de Castellón, inician un intercambio de artistas que, ademais da exposición de Pepe Beas na Fundación Laxeiro, propiciou que este ano se poidera ver a obra de Mar Vicente (gañadora das Bolsas Fundación Laxeiro á creación artística en 2006) en Collblanc espai d’art, nunha exposición indiviual que tivo unha magnífica acollida.
Por outra banda, o vindeiro día 1 de outubro reanúdanse as actividades didácticas Coñece a Laxeiro para escolares, na que é xa a súa novena edición. Unha actividade patrocinada pola Deputación de Pontevedra, na que anualmente participan 3.000 escolares e setenta centros educativos. E que este ano, ademais, contará cunha grata sorpresa que en su momento desvelaremos.
Para participar na mesma, os centros educativos deberán poñerse en contacto coa Fundación Laxeiro, chamando ao teléfono 986-43 84 75 en horario de mañán ou enviando un correo electrónico a info@laxeiro.es
Descargar todas as imaxes