luns, 20 dec 2010
O alcalde, Abel Caballero, informou este luns dos asuntos aprobados hoxe pola Xunta de Goberno Local, entre os que se atopan estas dúas actuacións municipais do departamento de Parques e Xardíns que pretenden aproximar as zonas verdes e deportivas á cidadanía. Acondiciónanse os espazos deportivos existentes nos parques e xardíns de Vigo, segundo explicou Caballero.
luns, 20 dec 2010
O tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Santi Domínguez, anunciou este luns a posta en marcha dunha nova campaña de promoción turística de Vigo en colaboración coa Asociación de Hosteleros de Vigo (Ahosvi). O nacionalista explicou que o obxectivo desta nova iniciativa é o incremento de visitantes de Portugal na nosa cidade nunha data tan sinalada como Fin de Ano, para que os hoteis aumenten a súa ocupación e seguir potenciando Vigo como destino turístico e de lecer.
luns, 20 dec 2010
O alcalde e os concelleiros de Vías e Obras, Isaura Abelairas, e de Promoción Económica e Emprego, Santos Héctor, visitaron este luns o mercado de Teis e o seu entorno para coñecer de primeira man as necesidades do barrio vigués e dos comerciantes, tal e como fixo en pasadas datas no Progreso, nas Travesas e no Calvario. Abel Caballero charlou cos veciños e os usuarios do mercado e coñeceu as súas demandas.
luns, 20 dec 2010
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, visitou este luns o dispositivo de frío instalado no pavillón do Berbés e deu conta dos datos de utilización dende a súa apertura o pasado 9 de decembre e as innovacións realizadas este ano. Salientou que en total se rexistraron 200 pernoctacións, sendo este fin de semana o de maior afluenza, con 28 persoas cada día.
luns, 20 dec 2010
A concelleira de Igualdade e Xuventude, Iolanda Veloso, presentou este luns unha nova edición da campaña para favorecer o uso non sexista dos xogos e os xoguetes, baixo o lema "Regala/Comparte igualdade". A concelleira nacionalista destacou que a campaña ten o obxectivo de sensibilizar a toda a cidadanía na importancia de fomentar a igualdade para evitar condutas sexistas.