Escoitar

Iolanda Veloso afirma que a nova edición da campaña do xoguete non sexista afonda na potenciación da igualdade

A concelleira de Igualdade e Xuventude, Iolanda Veloso, presentou este luns unha nova edición da campaña para favorecer o uso non sexista dos xogos e os xoguetes, baixo o lema "Regala/Comparte igualdade". A concelleira nacionalista destacou que a campaña ten o obxectivo de sensibilizar a toda a cidadanía na importancia de fomentar a igualdade para evitar condutas sexistas.

luns, 20 dec 2010
1292853021Xoguete.JPG
Iolanda Veloso lembrou que o Nadal é unha época de consumo de xogos e xoguetes na que os catálogos continúan reproducindo roles sexistas, con páxinas separadas para nenos e nenas. Asegurou que os "axentes socializadores", como a familia, a escola, os medios e as xogueterías debemos ter en conta que "regalar ou compartir igualdade é fundamental para construír unha sociedade máis igualitaria".

A concelleira de Igualdade salientou que os xogos e os xoguetes teñen un papel fundamental na educación e na formación da personalidade, xa que a través deles imítanse condutas, transmítense valores, modelos de comportamento e actitudes. Sinalou que a idades moi temperás, de 0 a 3 anos, nenos e nenas xogan indistintamente con diversos tipos de xoguetes, pero que a partir dos 3 anos descartan coa incorporación na escola e coa asignación de roles e estereotipos diferenciados para nenos e nenas.
Descargar todas as imaxes