Escoitar

Caballero entrega os diplomas de varios cursos formativos a unha vintena de policías locais

Os cursos forman parte dun plan integrado de formación promovido pola Mancomunidade da Area Intermunicipal de Vigo e financiado polo Instituto Nacional de Administración Pública (Inap) con preto de 100.000 euros. O alcalde xunto a varios concelleiros e o xefe da Policía Local de Vigo, fixeron entrega dos títulos e destacaron a necesidade de formación constante e da actualización profesional.

venres, 17 dec 2010
1292592416poli.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, entregou na mañá deste venres os diplomas a unha vintena de policías locais do Concello de Vigo que participaron en varios cursos formativos. Os cursos de formación continua están integrados nun plan agrupado de formación, promovido pola Mancomunidade de Vigo e financiado pola Inap, cun investimento de 100.000 euros.

A este plan poden adherirse todos os concellos da Mancomunidade de Vigo e de feito participaron deles, ademais do Concello de Vigo, a entidade local de Bembrive e os concellos de Nigrán e Gondomar.

Os diplomas entregados hoxe corresponden á formación percibida por persoal da Policía Local de Vigo que participaron en cursos coma dirección eficaz de persoas e reunións para mandos, medio ambiente, defensa persoal policial, técnicas corpo a corpo, defensa policial ante obxectos contundentes e armas brancas ou de fogo, reconstrución de accidentes ou dirección eficaz de persoas e reunións para mandos, entre outros.
Descargar todas as imaxes