Escoitar

Caballero garante a cooperación municipal para ampliar o colexio Martín Códax

O alcalde de Vigo e o concelleiro de Urbanismo, José Mariño, entrevistáronse coa directiva do colexio Martín Códax este xoves para abordar conxuntamente o proxecto do centro educativo de ampliar as súas instalacións, proposta que Abel Caballero ve "con bos ollos". O rexedor vigués reiterou que "a educación é un elemento central na nosa forma de entender Vigo".

xoves, 16 dec 2010
1292507525martincodax.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ofreceu a cooperación do Concello para atender á proposta de ampliación proxectada pola dirección do colexio Martín Códax de Vigo.

Tras unha reunión mantida este xoves cos responsables do centro e o edil de Urbanismo, o alcalde asegurou que a intención do colexio a "vemos con bos ollos" xa que "a educación é un elemento central na nosa forma de entender Vigo". "Queremos ser á cidade da educación", apostillou Caballero, quen outorgou "prioridade" á pública.

Neste senso, o primeiro edil reiterou a súa oferta á Xunta de Galicia de "renovar todos os centros educativos públicos da cidade", no que o Concello aportaría fondos tamén. Hai un ano que se lle enviou a proposta ao goberno autonómico, segundo explicou Caballero, por valor próximo aos 25 millóns de euros, que a día de hoxe non tivo resposta.
Descargar todas as imaxes