Escoitar

O concerto de Sinsal.Oito e a obra infantil "Rúa aire" centran as propostas do Auditorio Municipal para o fin de semana

A programación estable de artes escénicas que a Concellería de Cultura e Animación Sociocultural desenvolve no Auditorio Municipal ofrece para este fin de semana dúas opcións ben distintas. Por unha banda, mañá sábado acollerá ás 21 horas o concerto de Daniel Carter, William Parker e Federico Ughi do programa SinSal.Oito. O domingo, 19 de decembro ás 18 horas, terá lugar a obra de teatro infantil "Rúa aire", dirixida especialmente para nenos e nenas maiores de 9 anos.

venres, 17 dec 2010
No concerto de SinSal.Oito, Daniel Carter, William Parker e Federico Ughi presentarán o seu disco conxunto, "The Dream", que facturan unha das máis importantes achegas do free-jazz á colleita musical do 2010. As entradas para asistir a esta actuación, que teñen un prezo de 12 euros, pódense mercar a través da web www.servinova.com.

O domingo 19 de decembro, a compañía O retrete de Dorian Gray interpretará a obra para nenos "Rúa aire". Trátase da primeira peza do mundo con marionetas feitas con globos. Integrada no programa con T de Teatro, o prezo das entradas é de 3 euros para os nenos e nenas ata 12 anos e 5 para os maiores. Pódense adquirir na web www.laboleteria.es ou na propia taquilla unha hora antes do comezo do espectáculo.

O programa cultural completo que organiza a Concellería de Cultura e Animación Sociocultural ao longo do ano pódese consultar na web www.vigocultura.org.