xoves, 13 decembro 2007

O CAT presenta a súa programación de cursos de cestería tradicional de Galicia para 2008

xoves, 13 dec 2007

A nova convocatoria de 2008 do Centro de Artesanía Tradicional (CAT) presenta unha oferta formativa para todos os públicos, cun amplo abano de cursos de diferentes niveis, duración e horarios, divididos en tres bloques. O obxectivo dos cursos é achegar o alumnado ás variadas formas e técnicas da cestería galega, con especial atención á fabricada na comarca de Vigo.

DJ Peke 1.27 actuará este sábado na Disco Light

xoves, 13 dec 2007

O sábado 15 de decembro, a Disco Light da Sala A! (Avda. Beiramar, 113) contará coa actuación en directo do DJ PEKE 1.27, considerado coma o DJ máis pequeno de Europa, xa que mide 1 metro e 27 centímetros, e que forma parte do libro Guinnes dos Records.