Escoitar

DJ Peke 1.27 actuará este sábado na Disco Light

O sábado 15 de decembro, a Disco Light da Sala A! (Avda. Beiramar, 113) contará coa actuación en directo do DJ PEKE 1.27, considerado coma o DJ máis pequeno de Europa, xa que mide 1 metro e 27 centímetros, e que forma parte do libro Guinnes dos Records.

xoves, 13 dec 2007
O DJ PEKE realizará un espectáculo de luz e son, coa mellor música reggaeton e comercial do momento. Na súa actuación estará acompañado por dúas bailarinas que amosarán a súa arte e amenizarán o ambiente.

A Disco Light vai dirixida a mozas e mozos de entre 14 e 18 anos e conta co apoio da Concellería de Xuventude do Concello de Vigo, coa intención de pór á disposición dos mozos e mozas espazos de lecer alternativos e de diversión segura e saudable, libres de alcohol e fume.