venres, 2 dec 2005
O concelleiro delegado de Vigozoo, José Manuel Couto, presentou hoxe venres as actividades de Vigozoo para este Nadal, entre as cales destacan a campaña "Nadal Solidario. Un neno, un alimento", as visitas escolares, o programa "Aula no zoo" e a celebración de aniversarios para nenos.
venres, 2 dec 2005
Ás 20 horas do venres día 2 de decembro encéndese o alumeado de Nadal que este ano contou coa colaboración dos comerciantes para determinar as zonas do municipio que deberían ter alumeado natalicio.
venres, 2 dec 2005
Pizza Móvil e a Agrupación Galicia Social son os Premios de Integración 2005 que concede cada ano o Concello de Vigo, a través da concellería de Benestar Social. Estes premios entréganse a aquelas persoas, entidades ou empresas que tiñan traballado a prol da integración das persoas con discapacidade.
venres, 2 dec 2005
A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil recibirán o "Salacot de Honor" que concede a Policía Local de Vigo desde o ano 2002 como recoñecemento ás persoas e institucións que se signifiquen polos valores do lema da cidade "Fiel, Leal, Valerosa e sempre Benéfica".A distinción entregarase o luns,día 5,no decurso da Gala de Confraternidade da Policía Local que este ano celebrase baixo o lema "Só conséguese aquelo que antes soñouse".
venres, 2 dec 2005
No marco da programación infantil que estase a desenvolver na Biblioteca Pública Central de Vigo, a actividade que ten lugar os sábados, "Cóntame un conto" estará dedicada o día 3 deste mes de decembro ao conto "O pez arcoiris" de Marcus Pfister. As seguintes sesións deste obradoiro serán os días 10 e 17, e estarán dedicadas a adaptación de Tareixa Alonso do conto popular "Xil Moniz" e a adaptación realizada por S. Casal e X. López do conto "O neno mosquito".
venres, 2 dec 2005
O Teatro Fraga-Caixa Galicia acollerá , o sábado 3 de decembro, o concerto do Cuarteto Quiroga e o pianista Víctor Rodríguez, que coa súa actuación pechan o ciclo "Encontros crepusculares" do Festival Are More de Vigo.No concerto, que dará comezo ás 20.30 horas, interpretarán a obra de Mozart "Cuarteto de cordas Kv499 "Hoffmeister", a de Bela Bartók "Cuarteto de cordas n. 3, Sz 85" e a de Dvorak "Quinteto para piano e cuarteto de corda op.81".