Escoitar

Festival de novas linguaxes poéticas na Fundación Laxeiro

O festival TRANSLITTERA recalará en Vigo, na sede da Fundación Laxeiro para continuar co seu labor de transgresión literaria e apertura cara outros medios de expresión. Patrocinado polo Consello da Cultura Galega, o festival é unha experiencia que, a través de cinco Fundacións espalladas por toda Galicia, amosa unha panorámica da creación poética galega máis contemporánea. A cita é o venres, desde as 20.00 horas ata as 23.00 horas.

xoves, 1 dec 2005
1133444840nela.jpeg
Os artistas participantes en toda a itinerancia son Antón Lopo, Iván Prieto, Carlos Santiago, Pepe Sendón, Yolanda Castaño, Rafael Xaneiro, Estevo Creus, David Creus, María Lado, Lucía Aldao, Manolo Cortés, Cristina F, Lomarti, minus bálido, Ana Cibeira, Carlos Quiroga, Nela , Roi Fernández. Os artistas participantes na Fundación Laxeiro son Estevo e Daciv Creus, Pepe Sendón, Cristina F., María Lado e Lucía Aldao, Rafael Xaneiro e Carlosta F. Fraga , e Ana Cibeira.

A partir das 20.00 horas, realizarán intervencións poéticas nas que a palabra, a imaxe audiovisual, a performance e a festa, serán os protagonistas.

Ademais de adentrarse en ámbitos da experimentación con linguaxes diversas, TRANSLITTERA busca unha intereacción co público, na procura de rachar coa fronteira existente entre creador e lector, adentrándose en parámetros relacionais que persiguen un feddback co que as devanditas accións completan o seu sentido comunicacional.

Este proxecto é froito da colaboración das seguintes fundacións: Fundación Eugenio Granell, Fundación Luis Seoane, Fundación Laxeiro, Fundación Wenceslao Fernández Florez e Fundación Otero Pedrayo e supón unha experiencia insterinstitucional que se pon ó servizo da anovación cultural, neste caso, literaria.
Descargar todas as imaxes