A Xunta de Goberno acorda destinar 274.000 euros anuais á reparación do buque Bernardo Alfageme
A Xunta de Goberno Local, reunida hoxe xoves con carácter extraordinario, decidiu destinar 274.000 euros cada ano aos gastos de reparación do buque Bernardo Alfageme. Ademais, resultou autorizado un gasto de 57.000 euros para a posta en funcionamento dun sistema remoto de almacenamento en rede para ampliar o sistema informático do Concello.
Na mesma reunión quedou aprobado o prego de condicións administrativas e técnicas para a reparación do Bernardo Alfageme e convocouse o concurso para a selección do contratista. O Bernardo Alfageme é un pesqueiro de 23 metros de eslora construído en 1944 en Barreras. No ano 2000 o Concello fíxose coa súa propiedade por medio dunha doazón.
Por outra parte, a Xunta de Goberno declarou deserto o concurso para o deseño e produción das carrozas da cabalgata de Reis, por non se teren presentado ofertas dentro do prazo establecido. O Concello procederá á contratación deste servizo por procedemento negociado e solicitará ofertas cando menos a tres empresarios capacitados para a execución do contrato.
Xerencia Municipal de Urbanismo
Tamén hoxe xoves se reuniu o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo. Os grupos políticos acordaron proporlle á Xunta de Goberno a recepción das obras da urbanización da rúa Pastora entre a travesía da Pastora e a rúa Cesáreo González, á vista dos informes técnicos favorables.
No tocante aos asuntos en que o Consello ten competencia resolutiva, aprobouse a imposición dunha multa de 350 euros ao propietario das obras de construción dun muro de contención e peche e de movemento de terras realizadas na rúa Figueiras nº 184, en Cabral, por seren consideradas como constitutivas de infracción urbanística.
Tamén no apartado de infraccións urbanísticas, o Consello da Xerencia declarou que as obras executadas en Policarpo Sanz nº 34 non se axustan ás licenzas outorgadas e son ilegalizables. Estes traballos consisten na alteración da fachada protexida do inmoble, reducindo o espesor das pedras de cantería, substituíndo algunhas destas por outras novas e modificando a súa composición. Ademais, queda declarado como fora da legalidade o incremento da superficie da entreplanta.
Así mesmo, o Consello nomeou, cos votos favorables de PP e PG, a María Cristina Chao Polo como funcionaria interina na praza e posto de arquitecto da Xerencia Municipal de Urbanismo. O PSdeG-PSOE votou en contra desta decisión e o BNG abstívose.
Por último, quedaron aprobadas as bases da convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo vacante de Secretario da Xerencia Municipal de Urbanismo.
Descargar todas as imaxes