Escoitar

Encendido do alumeado da Nadal

Ás 20 horas do venres día 2 de decembro encéndese o alumeado de Nadal que este ano contou coa colaboración dos comerciantes para determinar as zonas do municipio que deberían ter alumeado natalicio.

venres, 2 dec 2005
1133530484alumbrado1.jpg
O alumeado permanecerá aceso ata o 8 de xaneiro, das 18:00 ás 04:00 nos días considerados como normais e toda a noite nas datas extraordinarias (24, 25 e 31 de decembro e 1, 5 e 6 de xaneiro).

A decoración comporase de figuras con fío luminoso e cortinas de microbombillas, figuras de ratán en 3d e tubos con microluces que encherán de alegría as rúas viguesas. Con todo isto o Concello quere convidar os cidadáns a saír de compras e sentir o Nadal nun ambiente tipico do que tamén poderán gozar os que visiten Vigo nesas datas.

Camelias, Camilo Veiga, Castelao, Colón, Concepción Areal, Torrecedeira, Coruña, Doutor Cadaval, Ecuador, Elduayen, Gran Vía, Pizarro, Príncipe, Progreso, Ronda de Don Bosco, Venezuela, Tomás Alonso e Urzaiz son, xunto a diversas prazas e glorietas e o edificio da Casa das Artes, algunhas das zonas que terán alumeado de Nadal este ano.

A decoración do Nadal reduce o impacto lumínico ambiental, xa que as microbombillas instaladas non superan os 15 vatios. O baixo consumo das figuras e adornos serve, ademais, para aforrar enerxía. Polas súas características, a iluminación deste ano presenta melloras para os peóns e para a circulación do tráfico, ao estar sobre columnas de alumeado e non colgada en fachadas e sobre a vía. Así mesmo, a clásica arcada de luces vese reducida coa instalación de iluminación moderna con luz branca fría.

As prazas máis emblemáticas da cidade, as rotondas e as glorietas tamén estarán iluminadas con mangueiras de cor branca nos bordes das circunferencias, con cortinas de luz e con figuras.

Estas glorietas, rotondas e prazas son as seguintes:

1.- Glorieta de Issac Peral-García Barbón
2.- Columnas do Sireno-Porta do Sol
3.- Praza de América
4.- Glorieta de Alampo, en Coia
5.- Praza de España- Escultura dos Cabalos
6.- Glorieta escultura Rosalía Castro
7.- Glorieta Travesía de Vigo-Bos Aires
8.- Glorieta de Pizarro
9.- Glorieta Areal
10.- Glorieta inicio Sanjurjo Badía
11.- Entrada praza de Compostela
12.- Árbores e fontes en Praza de Compostela
16.- Glorieta Hispanidade
17.- Praza da Independencia
18.- Glorieta Avda. Citroën con San Andrés
19.- Glorieta Pereiró
20.- Glorieta Travesía de Vigo-Olivo
21.- Parque Praza de Portugal
22.- Praza da Industria
23.- Glorieta Juan XXIII
24.- Glorieta rúa Coruña con Orillamar
25.- Glorieta circunvalación Bouzas.
26.- Colón entrada Príncipe
27.- Praza da Constitución
28.- Praza da Miñoca
Descargar todas as imaxes