O Concello organiza un programa teatral con Roberto Cordovani como protagonista
mércores, 28 mai 2003O programa cultural de teatro con temática relativa á muller celebrarase a vindeira semana no auditorio municipal coa colaboración da Concellería da Muller e do Servicio de Normalización Lingüística.
Deportes colabora co Rally Rías Baixas que se celebra este sábado
mércores, 28 mai 2003O Rally Rías Baixas, que contará con 90 participantes, principiará coas verificacións administrativas o xoves 28 de maio, as probas cos pilotos oficiais serán o venres no monte Picaraña e o sábado partirán ás 8:00 das Avenidas.
Concentración contra a violencia de xénero fronte o Marco
mércores, 28 mai 2003A Rede de mulleres veciñais contra os malos tratos e a Vocalía de muller da <br /> Federación Veciñal "Eduardo Chao" convocan, como tódolos xoves de final de mes, unha concentración fronte o Museo de Arte Contemporánea, o xoves 29 de maio ás 20.00 co fin de sensibilizar, pór de manifesto e denunciar a violencia de xénero.
Concerto de canto do ciclo "Xeración 2000+3"
mércores, 28 mai 2003O Conservatorio de Música acolle un novo concerto do ciclo de música de novos intérpretes Xeración 2000+3 e que organiza a concellería de Cultura. Nesta ocasión o concerto será o xoves, ás 20.30 horas, a cargo da mezzosoprano Nuria Lorenzo López e do pianista Jesús Pardal. A entrada ó concerto é gratuíta.
Xornadas sobre "Biblia e cultura"
mércores, 28 mai 2003O Consello Evanxélico de Vigo organiza as Primeiras Xornadas "Biblia e Cultura, Vigo'03" que patrocina a concellería de Cultura e que se celebran do 28 de maio ó 15 de xuño con varias actividades que van desde unha exposición de biblias, unha maratón de lectura bíblica, un festival infantil, a representación dunha obra de teatro e conferencias.