Escoitar

Xornadas sobre "Biblia e cultura"

O Consello Evanxélico de Vigo organiza as Primeiras Xornadas "Biblia e Cultura, Vigo'03" que patrocina a concellería de Cultura e que se celebran do 28 de maio ó 15 de xuño con varias actividades que van desde unha exposición de biblias, unha maratón de lectura bíblica, un festival infantil, a representación dunha obra de teatro e conferencias.

mércores, 28 mai 2003
As actividades comezan o 28 de maio na Casa Galega da Cultura cunha exposición de "Biblias históricas e traduccións dos 5 continentes" que inaugura ás 20:00 horas o concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe.

O venres, día 30 na praza da Princesa a partir das 20 horas, haberá unha maratón de lectura Bíblica durante 24 horas ininterrumpidas , na que participarán personalidades da política, a cultura e o deporte da cidade.

O sábado, 31 celebrarase un festival infantil na praza da Constitución con actividades lúdicas para ós máis cativos, en horario de 11.00 a 13.00 horas e de 17.00 a 19.00 horas.

O cine dos Salesioanos acollerá o sábado 7 de xuño ás 20.00 horas a representación da obra de teatro musical "O Ensaio" a cargo do grupo escénico catalán Dorea Producciones.

As conferencias serán impartidas por Cesar Vidal, doctor en Historia Antiga , no paraninfo do Rectorado da Universidade de Vigo o venres, 13 de xuño ás 17.00 sobre "O legado do cristianismo á civilización occidental" e o día 14 ás 20.00 sobre "O Xesús da Biblia,¿mito ou realidade?".

O acto de clausura das Xornadas serán no Centro Cultural Caixanova o domingo 15 de xuño, ás 11.00, coa participación de Everton Giovanella, xogador do Celta de Vigo; a Agrupación Coral Unida das Igresas Evanxélicas de Vigo e unha conferencia a cargo de Cesar Vidal.