O Concello organiza un programa teatral con Roberto Cordovani como protagonista
O programa cultural de teatro con temática relativa á muller celebrarase a vindeira semana no auditorio municipal coa colaboración da Concellería da Muller e do Servicio de Normalización Lingüística.
"A volta do parafuso", "Aurora Rodríguez e a boneca de carne" e "Belle Otero, o corpo que fala" son os títulos das obras que representará o actor e director Roberto Cordovani, da Companhia Internacional de Teatro de Repertório Arte Livre. As funcións comezarán ás 21:00 no auditorio municipal e terán un prezo de 7 euros.
En "Aurora Rodríguez e a boneca de carne" Cordovani, Nilton Tavares, Eisenhower Moreno e Maximiliano di Marco interpretan a historia dunha controvertida muller que co asasinato da súa propia filla conmocionou a sociedade española en tempos da Segunda República e atraeu o interese de numerosos siquiatras.
Aurora Rodríguez planeou milimetricamente o nacemento e a ríxida educación da súa filla Hildegart, ata o punto de que esta, sen saír da adolescencia, tiña publicados xa varios libros e iniciara unha carreira política nas Xuventudes Socialistas.
Sen embargo, co tempo foi independizándose nas súas ideas e a relación entre nai e filla foi deteriorándose. A historia desta nena prodixio acabou traxicamente: Hildegart, asasinada a tiros pola súa nai, e Aurora, no cárcere.