O alcalde inaugura a exposición ”Entra no Centro Histórico”
O alcalde de Vigo, Lois Pérez Castrillo, inaugura a exposición ”Entra no Centro Histórico” que permanecerá aberta do 27 de marzo ó 27 de abril na Casa da Cultura Galega.
Esta mostra conta con ilustracións de Pepe Carreiro sobre o barrio histórico de Vigo e está integrada nos actos organizados con motivo da celebración da Festa da Reconquista. O horario de visitas é de luns a sábados de 18:00 a 21:30 e os sábados, domingos e festivos de 11:00 a 14:00 horas.
Unha maneira de coñecer o Vigo antigo é facer un percorrido polo desaparecido perímetro amurallado, partindo da Laxe, onde se ubicaba a batería do seu nome, e continuando por Carral, onde estaba na rúa do mesmo nome a porta da Gamboa. Segundo a tradición, esta porta foi botada abaixo por Cachamuíña para liberar a cidade das tropas napoleónicas.
Subindo chégase á Porta do Sol, antes denominada Porta dos Carneiros, na que se celebraba o mercado de porcos. Pola Baixada a Príncipe vaise ata o castelo de San Sebastián, onde hoxe está a Casa do Concello, e do que aínda se conservan algunhas partes da muralla. Desde aquí hai unha magnífica vista sobre a ría viguesa. Na rúa do Pracer, ó pé do Concello, abríase a porta do mesmo nome.
Se se baixa por onde se atopaba a porta da Falperra cara o Paseo de Afonso, e sen esquecer visitar a Oliveira, símbolo da cidade, pódese entrar en Poboadores e desde alí acceder ó entorno da Praza do Peñasco, de vello sabor mariñeiro. Despois pódese pasar polo Berbés, barrio mariñeiro situado fóra das murallas, e polo convento de san Francisco, de arquitectura relixiosa barroca, construído no século XVII.
Regrésase pola rúa Real ata chegar á Praza de Almeida onde se localizan os dous edificios máis antigos da cidade, coñecidos como Casa de Arines. Aquí atópase a sede do Instituto portugués Camoens.
Un pouco máis alá sáese á Praza da Igrexa, coa vella colexiata de Santa María, de estilo neoclásico, onde se custodia o Cristo da Victoria ou do Sal, patrono da cidade.
Na rúa Real estaba a imprenta Compañel, onde se imprimiu a primeira edición de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. Ó lado está A Pedra, onde se celebraba un concorrido mercado. De aquí, pódese pasar á Praza da Constitución e tomar un café nas terrazas que hai nos soportais. Nesta praza encóntrase a Casa Galega da Cultura, sede da Fundación Penzol, que acolle a biblioteca máis importante en lingua galega. Despois, pódese dar unha volta pola rúa dos Cesteiros, onde se expón artesanía popular de vimbio.
Se se vai pola rúa Joaquín Yáñez, onde está a Biblioteca Central, e se pasa polo arco de Quirós, chégase á Praza da Princesa, antes praza da Peixería, remozada hai pouco, recuperando o seu aspecto orixinal. Nesta praza celebrábase o antigo mercado do peixe.
No ano 1861 comezou o derrubamento da muralla que rodeaba a cidade antiga, pero a través das rúas onde estiveron as portas da cidade aínda se pode sentir que se entra nun espacio protexido.
Polas rúas e prazas do Centro Histórico descúbrense espacios á escala da xente. Mesmo as casas máis blasonadas érguense con certo pudor, procurando non perder o espírito de veciñanza.