Escoitar
Proposta aprobada polo Pleno da Corporación

Reordenación da zona de servicio do Porto

luns, 26 mar 2001
O Pleno da Corporación aprobou solicitar da Autoridade Portuaria de Vigo a modificación da concesión da que é titular o Real Clube Náutico na zona de servicios do Porto. Pídese concretamente a exclusión da zona prevista para a ubicación da nova piscina, e tamén o pantalán de 2.316 m2 contiguo ó peirao deportivo. Con esta modificación perséguese facilitar a execución das determinacións que para este ámbito figuran no Plan Especial do Porto.

Na proposta formulada polo alcalde neste asunto explícase que o Plan Especial do Porto de Vigo prevé para o ámbito central do Porto a construcción dunha nova piscina detrás do edifico do Real Clube Náutico, co fin de deixar libre de edificación a área próxima ó cantil da liña de atraque da dársena da Laxe.

Así mesmo, O Plan Especial do Porto tamén determina que a zona entre a rúa Montero Ríos e o peirao deportivo sexa ordenada integramente con predominio do tratamento axardinado e estancial.

A modificación proposta polo Concello ten como obxectivo poder levar a cabo as previsións do Plan Especial do Porto, é dicir, a obtención dun maior espacio libre e peonil así como a mellora das condicións de integración do porto nestas zonas da cidade.


Museo de Arte Contemporánea

A Corporación aprobou os proxectos de acondicionamento e humanización da varias rúas do entorno ó Museo de Are Contemporánea. As obras realizaranse na rúa Progreso ( de María Berdiales a Dr. Cadaval): Velázquez Moreno ( de Progreso a Policarpo Sanz): Ronda de Don Bosco ( de Progreso a Príncipe): Eduardo Iglesias ( de Progreso a Príncipe): Doctor Cadaval ( de Príncipe ó edificio do Pueblo Gallego) e López de Neira ( de Dr. Cadaval a Príncipe). O presuposto destas obras ascende a máis de 224 millóns de pesetas e solicítase ó conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia o financiamento do 70% de presuposto total do investimento conforme o plan de financiamento dos proxectos.

Casa Das Palabras e Parque Tecnolóxico

O Pleno aprobou o expediente de contratación polo procedemento aberto mediante concurso para a adxudicación da contratación conxunta da redacción do proxecto, execución das obras e subministración de equipameneto museográfico da Casa das Palabras : tamén aprobou autoriza-lo gasto polo importe máximo de 1.573 millóns de ptas a executar nos exercicios económicos dos anos 2001, 2001 e 2001, se ben a aprobación do mesmo producirase no momento da adxudicación do concurso.

Aprobouse definitivamente o Plan Parcial do Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo, promovido polo Consorcio Zona Franca , redactado pola entidade mercantil “ Interurbán,S.A.”.

Transporte á Universidad e Saneamiento

Entre otros asuntos aprobados no Pleno de hoxe figura o convenio coa Universidad e Viraras para mante-lo sistema de transporte ó campus de Lagoas Marcosende, mediante lanzadeiras dende a Praza de España e a Praza de América.

Os proxectos de saneamento das parroquias de San Xoan Poulo, Candeán, Garrida-Valadares e Matamá aprobaron cun presuposto de inversión de case 220 millóns de pesetas.