Vigo contará con sinalización turística en Semana Santa
A aplicación deste proxecto de sinalización turística ten como finalidade a instauración dun sistema de indicación uniforme capaz de ofrecerlles unha información clara ás persoas que entran na cidade sobre os recursos e infraestructuras turísticas existentes. Gracias á sinalización destes elementos, a titular da Concellería de Turismo, Dolores Villarino, pretende facilitar os desprazamentos, así como espertar o interese por recursos pouco coñecidos na cidade.
A Concellería de Turismo implantará a sinalización turística do municipio antes de Semana Santa. Este proxecto, que lle foi adxudicado por concurso público no mes de decembro á empresa Hega Cuatro, ascende a 20 millóns de pesetas e pretende dar solución a un dos principais problemas no sector turístico.
Tomando como base a sinalética, quérese facer a presentación da cidade dun xeito ordenado e suxerente, de modo que o visitante poida realizar un percorrido cun alto nivel de aproveitamento dos recursos e do tempo.
As estatísticas das oficinas municipais de información turística indican que o visitante que se achega a Vigo o fai, principalmente, en vehículo propio, desde Portugal e desde cidades que se atopan a menos de tres horas. Por este motivo, a primeira necesidade do turista é a de buscar hotel e aparcadoiro, de aí que as prioridades do plan contemplen a sinalización destes dous aspectos.
Nesta primeira fase, o proxecto centrarase na sinalización direccional urbana hoteleira, tendo como prioridade os hoteis de catro e de tres estrelas, os máis demandados polos turistas.
Acometerase a sinalización dos aparcadoiros subterráneos máis próximos ós establecemntos hoteleiros, dos principais recursos destinados ó turismo e das oficinas de información, así como a dirixida ós monumentos máis salientables e edificios de interese arquitectónico e histórico.
Barrio histórico
Capítulo á parte merece a sinalización do casco histórico da cidade, que tamén estará instalada antes de Semana Santa. Os elementos que se utilizarán estarán en consonancia con contorno e estará orientada ós peóns.
Nalgúns casos, será de carácter direccional e, noutros, identificativo e informativo con respecto a elementos de interese patrimonial.
Por último, completarase esta primeira fase coa colocación dunha serie de elementos de información xeral, de circuítos monumentais, que incorporarán tódolos datos xerais e de interese da cidade e proporanlle ó turista distintos roteiros desde o lugan no que se encontre.
Outros datos de interese
Instalaranse 36 sinais direccionais urbanos con 132 arcóns para a indicación de hoteis, aparcadoiros, oficinas de información turística e monumentos.
Haberá 27 sinais peonís para a indicación de edificios históricos, mercado da Pedra, monumentos, O Berbés, porto e recursos culturais, entre outros. Tres puntos de información xeral, cun mapa de situación e proposta de roteiros tamén serán colocados.
A segunda fase do Plan de Sinalización Turística, que estará rematada antes do comezo do período estival, terá como obxectivo a sinalización direccional urbana a lugares de uso propio de turismo tales como aeroportos, estacións de ferrocarril e autobús, praias, parques periurbanos, mercados ou patrimonio histórico.
Descargar todas as imaxes