Santi Domínguez califica os primeiros seis meses de goberno de "posta a punto" para desenvolver un ambicioso programa de goberno
<br /> <br /> O tenente de alcalde, Santi Domínguez, definiu este venres como "moi positivos e ilusionantes os seis primeiros meses de goberno" e indicou que se poden calificar de posta en marcha "dun programa de goberno moi ambicioso e ilusionante". Durante este tempo, nas áreas do BNG foron meses adicados á planificación, a escoitar aos diversos sectores sociais e a reorganizar os servizos municipais, "co obxectivo de cumprir o prometido á cidadanía no programa electoral", sinalou Santi Domínguez.
"O BNG é consciente de que cando se produce un cambio de goberno, a cidadanía espera medidas estrela e cambios rápidos, pero en campaña eu dicía que a primeira medida a tomar ten que ser empezar a planificar a cidade", admitiu, pero sinalou que a partir do 1 de xaneiro, cos orzamentos aprobados, dende as áreas do BNG "remata esa posta en marcha e se inicia a acción definitiva de cambio". Neste sentido, salientou que é fundamental ter en conta que o 30% das medidas plantexadas no programa electoral "están incluídas no orzamento do 2008". Na súa intervención, Santi Domínguez recalcou que hai que gobernar para cumprir o que as forzas políticas prometen á cidadanía, así como explicar o que se está a facer na cidade de xeito que a relación entre a administracións e a cidadanía non se limite a unha vez cada catro anos, senón que sexa constante.
"Falar de período de posta en marcha non significa que non se fixeran cousas, ou que non se levaran adiante diversas medidas nas distintas áreas do BNG", subliñou o tenente de alcalde. Neste sentido Santi Domínguez salientou diversos temas nos que ten traballado, como son a aposta polos grandes eventos internacionais para Vigo; a potenciación de alternativas saudabeis para a mocidade; a ampliación da cobertura dos servizos de benestar social, como por exemplo o desbloqueo dos centros de día e da galescola da rúa Palencia; o desenvolvemento de políticas culturais, como a posta en marcha dun plan municipal de museos, que será unha realidade nos próximos días; a planificación das festas de Nadal, de xeito que sexan actividades coordinadas e a planificación con tempo suficiente das próximas festas de Vigo, que Santi Domínguez calificou como unha "revolución". Tamén fixo referenza ao desenvolvemento de campañas de divulgación do patrimonio histórico, como a presentada recentemente pola concelleira Elena Maure ou a aposta por desatascar temas como o da finca Mirambel, que abrirá ao público tras o verán; o éxito do programa "Camiña e coñece"; o reto da Universiada, para o cal xa se pode dicir que Vigo é candidata, tras a sorpresa que causou o dosier presentado no Consello Superior de Deportes; o traballo que se está a desenvolver para que a celebración do Bicentenario sexa unha "pantalla xigante de Vigo"; a aposta por unha marca de cidade e un producto turístico que ofertar, o traballo conxunto coa Autoridade Portuaria para que as instalacións se modernicen ao servizo dos visitantes dos cruceiros; o traballo na nova sinalización turística do Casco Vello, a aposta por dous novos enlaces de Peinador con Londres e Bruxelas.
Tendo en conta todos estes ámbitos de traballo, Santi Domínguez recalcou que o balance destes seis meses foi "moi positivo". "Estamos encantados e felices de poder traballar por e para esta cidade, pero aínda así non quero deixar de pedir disculpas se non estamos apurando todo o que a cidadanía esperaba ou non temos atendido a todos e todas", manifestou.
PXOM
No tocante ao PXOM, Santi Domínguez indicou que o BNG está "moi satisfeito pola súa aprobación e porque ten mantido unha postura coherente dende sempre". Lembrou o feito de que na súa primeira etapa o BNG foi quen de por en marcha o proxecto e acadar o máximo consenso para a súa aprobación, mentres que neste momento ese total consenso non foi acadado, aínda hai un consenso amplo. Segundo o tenente de alcalde, a situación actual pon de manifesto quen ten mudado de posición: "Unha das forzas políticas estudou o plan e deuse conta de que este PXOM era o mellor, mentres a postura da outra forma na actualidade non se entende", reflexionou. Pero, por outra banda, considerou importante que o PXOM conte co apoio dos tres sindicatos da cidade "que representan a clase traballadora e aos que poden acceder á compra da vivenda" e do Colexio de Avogados.
O tenente de alcalde recoñeceu que houbo un momento, ao principio da lexislatura, que ao BNG tampouco lle gustaba como se estaba levando o proceso. "Tivemos que alertar ao socio de goberno e solicitar máis información, pero a pesar diso non se nos ocurría dicir que non apoiaríamos o plan", indicou, ao tempo que recoñeceu que "se trata dun plan seguro, viable e que responde ao modelo de cidade que sempre defendeu o BNG, e se non estivera avalado polos informes, non o votaría", recalcou.
CASCO VELLO
O tenente de alcalde asegurou entender as críticas dos veciños e veciñas feitas nos últimos días respecto ao estado do Casco Vello. "Teño que admitilas e recoñecer que teñen toda a razón, sinalou, pero por outra banda, non me sinto culpable porque a deixadez non ven de hai seis meses, é froito dun longo proceso de abandono".
"Precisamente o día do derrubo na praza do Berbés estiven alí, pese a que sabía o que ía a escoitar, e teño que dicir que aínda que teñen razón a este goberno non lle corresponde a culpa do estado do Casco Vello, pero si lle corresponde desenvolver medidas concretas, como é axilizar as ordes de demolición e os procesos de expropiacións", subliñou e así mesmo, anunciou que encargou a elaboración dun estudo profundo de cal é a situación dos edificios do Prepi do Casco Vello, para que os técnocos especifiquen que demolicións son "prioritarias".
Por outra banda, destacou que os orzamentos do Consorcio do Casco Vello son os máis altos de toda a súa historia e que se a traballar en distintos ámbitos para recuperar a zona de tapeo, impulsar ao comercio da zona, traballando conxuntamente cos conmerciantes e coa compra de dous novos inmobles. "O Casco Vello moi pronto vai sentir que se está transformando dun xeito definitivo", subliñou.
RELACIÓN COS SOCIOS DE GOBERNO
"As relacións non son de familia, houbo altos e baixos, discrepancias, pero tamén houbo picos". O principal tema de discrepancia foi como se estaba a levar o PXOM, porque se estaba incumprinmdo o pacto, pero cando nos sentamos a falar, a situación cambioiu", explicou o tenente de alcalde, quen sinalou que outro punto de discrepancia foi a existencia dunha certa intromisión nas áreas do BNG, "cun certo afán de corrixir o que di o tenente de alcalde en xeral". Neste sentido, indicou que si esto é para que se fagan as cousas, "non lle dou ningunha importancia".
"Se tivera que dar unha nota a esta relación lle daría un 6, o cal quere dicir que é un aprobado pero que hai cousas que mellorar", explicou. Despois de ter aprobados os orzamentos e o PXOM o tenente de alcalde afirmou que espera que a relación sexa "fantástica" e que el será o primeiro en traballar para que así sexa. Sinalou que só deben cumprirse dúas condicións: "respecto ao BNG e respecto aos votantes do BNG".
Descargar todas as imaxes